A Escola

A Escola do Bardo é un centro de ensino ubicado en Ponteceso, e o seu nome pretende ser unha homenaxe a un grande das letras galegas nacido nesta vila: Eduardo Pondal.

 

Abrimos as nosas portas no 2017 con moita ilusión posta neste proxecto e a mochila cargada de actividades divertidas e didácticas.

 

Ofrecemos toda unha serie de actividades dirixidas a moz@s e cativ@s que van dende o Reforzo Escolar en grupos reducidos á aprendizaxe do Inglés a través do xogo, pasando por Actividades de Inxenio para o adestramento do cerebro ou Técnicas de Estudo, entre outras.

 

Todo isto nun ambiente estimulante e mediante unha metodoloxía baseada na aprendizaxe significativa e a creatividade, sempre guiada por un equipo de traballo cunha ampla formación nas diferentes etapas e metodoloxías educativas e con experiencia acreditada.

 

Como colofón, o emprazamento da Escola do Bardo na praza de Ponteceso resulta ideal para as nais e pais que teñan que desprazarse para traer @s nen@s, pois a vila ofrece unha serie de servizos como supermercados, cafeterías, tendas, … onde poder aproveitar o tempo mentres @s alumn@s aprenden, así como o fermoso paseo fluvial do Anllóns no que poden pasear e gozar das envexables vistas, ou simplemente relaxarse nos bancos da praza que temos xusto enfrente e ver discorrer a vida na vila coa vista en primeiro plano da casa do noso bardo, Eduardo Pondal.