Ensino

Creatividade e autonomía

Na Escola do Bardo utilizamos unha metodoloxía baseada na aprendizaxe significativa, o que implica que @s alumn@s constrúan a súa propia aprendizaxe e sexan os actores principais da mesma, actuando o profesorado como guía e mentor. Pretendemos fomentar a creatividade e a autonomía dos nen@s á hora de aprender, e sempre buscamos ofrecer unha aprendizaxe lúdica para que o alumnado se divirta á vez que aprende. Cremos que a aprendizaxe a través do xogo ten un enorme potencial e así o temos constatado coa experiencia acadada.

Metodoloxías adaptadas

Cada actividade leva asociada unha metodoloxía; por exemplo, en Xogamos co Inglés ensinamos o idioma a través do xogo, e en Reforzo Escolar buscamos a autonomía d@ alumn@ á hora do estudo, utilizando os erros como ferramenta de aprendizaxe e nunca penalizando os mesmos.

Aprendizaxe transversal

Por outra banda, de xeito transversal traballamos en tódalas actividades habilidades, competencias e valores tales como o respecto, o traballo en equipo, a resiliencia, a empatía, a igualdade, a autoestima, a solidariedade,… pois entendemos a educación como unha ferramenta moi poderosa que debe formar en coñecementos, pero tamén en actitudes e aptitudes. Por iso, na Escola do Bardo potenciamos o saber, pero tamén o saber ser e o saber estar.

Reforzo escolar

Reforzo escolar en tódalas asignaturas. Traballamos en grupos reducidos e por etapas para obter os mellores resultados. Temos opción de clases individuais, clases a domicilio e clases online. 

Preparación de exames

Preparación de exames para a obtención do título de ESO, preparación para a obtención do CELGA, etc.

Xogamos co Inglés

Aprendizaxe de inglés a través do xogo para Infantil e Primaria. A aprendizaxe do idioma ten lugar nun contexto lúdico e dinámico no que se produce unha asimilación das estruturas gramaticais e do vocabulario de xeito natural. @s nen@s aprenden sen darse conta á vez que xogan, producíndose unha asimilación moito máis efectiva do idioma.

Clases de apoio de Inglés

Clases de apoio de Inglés para reforzar os contidos curriculares da asignatura e poder así superala con éxito.

Games, Arts & Crafts

Divertidas clases con xogos e manualidades en inglés para Infantil e Primaria.

Club de Lectura

Lectura animada de contos e actividades asociadas. Pensado para fomentar a afección á lectura, pois esta é a base dun bo desenvolvemento educativo e unha ferramenta de vital importancia en tódolos ámbitos da vida.

Storytelling

Contacontos en inglés con actividades asociadas para Infantil e Primaria. A lectura conxunta de contos en inglés supón unha interesante ferramenta de aprendizaxe do idioma de xeito natural nun ambiente distendido e lúdico.

Lectoescritura e comprensión lectora

Actividades de lectoescritura e comprensión lectora destinadas a Infantil  e Primaria . Unha correcta base da lectura e a escritura aseguran un bo desenvolvemento nas posteriores etapas educativas polo que traballamos estas disciplinas dende diferentes metodoloxías.

Intelixencia e destreza cerebral: actividades de inxenio

Actividades orientadas a agudizar a intelixencia buscando potenciar habilidades como a axilidade mental, reforzo da memoria, mellora das habilidades de pensamento, perfeccionamento da capacidade de razoamento, … Todo isto leva asociado un aumento da concentración e da autoestima, mellora de habilidades cognitivas como o uso da linguaxe e dos números, control da frustración, pensamento crítico,… Os beneficios aplicables á mellora do estudo son evidentes, polo que resulta un interesante complemento en calquera etapa educativa, dende Infantil a Secundaria.

Baby English

Clases de Inglés para cativ@s de 3 e 4 anos. Terán un primeiro acercamento ó Inglés através de divertidas actividades e moitos xogos que se levan a cabo nas nosas instalacións especialmente deseñadas para isto, pois contamos entre outras moitas cousas cunha casiña para @s nen@s na que dispoñen dunha cociña, un supermercado, e moitos xoguetes que lle axudarán a ir descubrindo a realidade nun novo idioma.

Técnicas de Estudo

Actividade orientada a traballar as técnicas de estudo para Primaria e ESO. Un correcto manexo das técnicas de estudo aforra tempo e optimiza resultados, ademais de implicar un maior control da frustración e a ansiedade de cara ós exames. Posibilidade de Talleres intensivos (5 horas).

Funny English

Actividade de Speaking para nen@s de últimos cursos de Primaria orientada a desenvolver a fala do Inglés a través de dinámicas grupais, xogos e diferentes actividades divertidas e entretenidas para o alumnado. Así irán asimilado o idioma sen darse conta nun contexto lúdico e divertido.

Speaking English

Actividade pensada para alumn@s de secundaria, onde a través de diferentes actividades e xogos iremos traballando a oralidade do idioma, perdendo o medo a expresarse en Inglés e habituándose a utilizalo con normalidade.

Mecanografía

Saber escribir con soltura e axilidade no ordenador é básico tanto no mundo académico coma no laboral, polo que esta actividade está orientada tanto a pequen@s como a adult@s.

Promocións

Packs Desconto: descontos por nº de clases

Desconto por 2º irmá/n

Actividade gratuita a elixir (consultar condicións)